Tráfico pechado na rúa Romil e no camiño Corredoira
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechada ao tráfico a rúa Romil, entre Camelias e Cahamuíña, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 07 de maio de 2006 dende as 08:00 horas até as 23:00 horas.
Por outra banda e debido ás obras de revisión dun muro, estará pechado ao
tráfico o camiño Corredoura (Castrelos), entre a rotonda da Estrada ao Cuvi e Costa Castrelos, con acceso exclusivo para garaxes, o luns 08 de maio de 2006 dende as 08:00 horas até as 23:00 horas.
Provisioramente só o transporte público de VITRASA circulará polo interior do parque de Castrelos en ámbolosdous sentidos mentres duren as obras.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.