Escoitar
Anuncio de Festas e Animación Sociocultural

Bases do concurso de carteis das Festas do Cristo da Victoria 2006

venres, 5 mai 2006
Comunícaselle a todas as persoas interesadas que o prazo de presentación de carteis para o "Concurso de carteis das Festas do Cristo da Victoria 2006", convocado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural e aprobado pola Xunta de Goberno Local con data 2 de maio rematará ás 14'00 horas do día 19 de maio.

As anteditas bases están a disposición dos/as interesados/as nesta dependencia municipal, na oficina de información da lonxa do Concello e na web municipal.