Escoitar

A Sociedade Española de Neurocirurxía invita a Corina Porro á inauguración do seu congreso en Vigo

A alcaldesa, Corina Porro, foi invitada a participar na inauguración do XI Congreso da Sociedade Española de Neurocirurxía (SENEC), que se celebrará en Vigo do 17 ao 20 de maio, no transcurso dunha entrevista que mantivo hoxe venres co presidente do comité organizador deste evento, José Otero Vich.

venres, 7 abr 2006
1144414168neuro070406.jpg
José Otero Vich adiantou que entre 300 e 400 neurocirurxiáns acudirán a este XI Congreso da SENEC, que cualificou como "o máis importante desta especialidade". Os asistentes reuniranse no Centro Cultural Caixanova para compartiren, desde un punto de vista profesional, os seus coñecementos sobre, basicamente, cirurxía vascular cerebral e cirurxía tumoral.

Vigo xa foi sede, en 1993, doutro congreso similar, o da daquela denominada Sociedade Luso-Española de Neurocirurxía. Segundo explicou José Otero Vich, nos 13 anos que pasaron desde entón produciuse "unha revolución sen precedentes", grazas a un desenvolvemento tecnolóxico que sitúa hoxe en día esta disciplina na "era prerrobótica".

José Otero Vich mostrouse convencido de que "en dez ou 15 anos" as salas de operacións contarán con robots "cunhas cualidades técnicas infinitamente máis precisas que a man do neurocirurxián máis hábil", coas vantaxes engadidas de que un robot é un "frío elemento" que "non bebe nen trasnoita".
Descargar todas as imaxes