Escoitar
Anuncio Muller

Bases e convocatoria de subvencións de Muller para 2006

venres, 7 abr 2006
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 20 de marzo de 2006, aprobou, entre outros asuntos, as "Bases e a convocatoria de subvencións específicas da Concellaría da Muller para o ano 2006" (BOP do día 4 de abril de 2006).

As bases desta convocatoria están ao público na Oficina de Información do Concello.

Tal e como establece o apartado 1º da base séptima,"O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP)". O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 24 de abril ás 13,30 horas.