Escoitar

No mes de marzo volve o teatro alternativo

O Concello asinará un convenio de colaboración coa Asociación Noescafé-Teatro para a organización do Festival Alternativo de Teatro e Danza "ATL’06" que se celebrará nas dúas primeiras semanas do mes de marzo, segundo aprobou na sesión ordinaria celebrada o luns a Xunta de Goberno Local.

luns, 13 feb 2006
As compañía que participarán no festival proceden de Dinamarca, Arxentina, Portugal, Madrid, Andalucía, Euskadi, Cataluña e Galicia. O festival contará con entrada individual para cada espectáculo de 5 euros e dun abono para toda a programación de 35 euros O gasto do festival ascende a 25.000 euros.

A Xunta de Goberno aprobou tamén destina-la cantidade de 352.423 euros para ao ano 2006, para ser xestionada directamente polos consellos escolares de cada centro público de educación infantil e primara para atender as reparacións ordinarias dos mesmos como alarmas, xardinería, limpeza non contratada, baleirado de fosas, carpintería, fontanería, pintura, soldadura, albanelería, limpeza de depósitos de auga. En xeral, todos os traballos de mantemento dos centros que non precisen de proxecto técnico

Tamén aprobou a Xunta a contratación de monitoras do programa "Eu tamén Sei 2005-2006" de formación e animación sociocultural da Concellería da Muller por un importe de 49.500 euros.