Os traballos gañadores do concurso ”Facendo historia” están expostos no museo Quiñones de León
O museo municipal de Vigo Quiñones de León acolle nas súas instalacións unha mostra dos traballos escolares premiados no concurso educativo ”Facendo historia”. Este certame foi organizado pola Concellería de Educación a través do programa ”Vigo por dentro”.
O obxectivo deste concurso é contribuír ó achegamento dos escolares á realidade histórica de Galicia mediante a recuperación, en forma de réplicas de madeira, de monumentos, construccións, aparellos e instrumentos vencellados á etnografía e tradicións galegas.
Na exposición amósase un conxunto castrexo que representa idealmente a vida nun pequeno poboado dos antergos dende a idade do ferro ata a romanización. Estes poboados situábanse por razóns defensivas no cumio dos montes, igual que as ermidas, representadas mediante a reproducción da situada na Guía.
Como exemplos de vivendas de fidalguía galega hai tres réplicas en distintos tamaños e técnicas, unha no exterior da sala, no pazo de Castrelos do século XVII e na casa actual do museo municipal.
No conxunto etnográfico hai un pazo, a Torre do Monte do século XV en Padrón, xunto con característicos elementos da aldea galega: o cruceiro, o carro e un mazo (martelo mecánico movido por auga que servía nalgunhas ferrerías para golpear e darlle forma ó ferro quente)
Da Galicia mariñeira o mellor exemplo son os soportais do Berbés, barrio de Vigo por antonomasia, reproducido con toda clase de detalles curiosos e destaca polo seu tamaño o gran faro do que existen exemplos por toda a costa galega, sendo o máis coñecido pola súa antigüidade o da Torre de Hércules na Coruña.
Da Galicia contemporánea, os escolares escolleron tres monumentos do Vigo máis recente: a Porta do Atlántico, do escultor Silveiro Rivas na praza de América: o popular ”Sireno”, de Francisco Leiro, e a ponte de Rande.
Esta mostra pode visitarse ata o 26 de maio no museo municipal ”Quiñones de León”.
Descargar todas as imaxes