Escoitar

Destacados deportistas participarán este domingo na XL Carreira do Pavo

mércores, 19 dec 2001
imx916.jpg
Pancho, Santiago Domínguez e García
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a 40 edición da Carreira do Pavo na que, ademais dos atletas federados, poderán participar tódolos afeccionados que o desexen. Celebrarase o domingo, 23 de decembro a partir das 10:30 na praza de Compostela. Levarán premios os cinco primeiros de cada categoría.

”Trátase dunha proba tradicional no calendario atlético da cidade que reunirá moitos afeccionados”, explicou Santiago Domínguez. Ademais de agradecer ós colaboradores e á Delegación de Atletismo, o concelleiro desexoulles ós atletas vigueses os maiores éxitos no ano 2002 e un ”bo futuro que está absolutamente garantizado”.

O delegado da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, explicou que en Vigo está o 50% dos atletas galegos con presencia en 50 probas durante a pasada tempada.

As inscrición formalizaranse por escrito na Delegación da Federación Galega de Atletismo por correo un fax (Canceleiro, 9-1º, 36201 Vigo - Fax 986 441216). Os atletas participarán cos dorsais que se entregarán unha hora antes do comezo da competición.

Descargar todas as imaxes