Escoitar

Instálanse no Mercado do Calvario as maquetas do proxecto de humanización

martes, 18 dec 2001
imx908.jpg
Maqueta
As obras do proxecto de humanización do Calvario principiarán despois das festas de Nadal trala súa adxudicación en Comisión de Goberno. Consistirán na remodelación da rúa Urzaiz dende o cruce dos Choróns ata a confluencia coa rúa Martínez Garrido.

A reforma consistirá na ampliación das beirarrúas, a colocación dun pavimento de granito, a creación de colectores de lixo soterrados e a instalación de arborado e novo mobiliario urbano. A primeira fase do proxecto, a que se sacou a concurso, abrangue o treito de Urzaiz comprendido entre as rúas León e Aragón.

Descargar todas as imaxes