Patrimonio Histórico presenta a exposición ”Obxectos sobre a bicicleta” no Museo Liste
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez-Corbalán, presentou a exposición ”Obxectos sobre a bicicleta” da colección privada de Luís Molist, que se pode visitar do 18 de decembro ó 22 de febreiro no Museo Etnográfico Liste. O museo principia unha nova etapa con exposicións temporais priorizando as coleccións privadas que non foran expostas con anterioridade.
Con estas iniciativas, o Museo Liste quere conceder importancia ó coleccionista como unha forma de achegamento ó cidadán que pasa a converterse en protagonista mediante a achega de datos técnicos e aspectos da súa vida.
Na exposición ”Obxectos sobre a bicicleta” preséntanse máis de 30 faros de aceite, de carburo e eléctricos: recambios e accesorios entre os que destacan as rodas de láminas de madeira, asentos en coiro moldeado, cambios, pedais, placas de marcas e matrículas. Amósase tamén a colección de carteis e postais dos museos ”Velorama”, de Holanda, e ”Harlow”, de Gran Bretaña. En total, son máis de 200 pezas as que se exhiben.
A colección complétase cunha bicicleta Raleigh, modelo de 1925: unha Gimson, da décado de 1940, e dous triciclos de fabricación artesá.
Ademais das pezas de Luís Molist, expóñense pezas doutros particulares como un velocípedo de principios do século XX, propiedade de Honorino Méndez, fabricante da marca ”Honor”.
A mostra contén aspectos didácticos mediante paneis explicativos sobre a historia da bicicleta, da competición ou da bicicleta e a moda.
Descargar todas as imaxes