Escoitar
A Federación Veciñal amosa unha mostra das construccións viguesas máis significativas desta vangarda arquitectónica dos anos 30

A arquitectura como arte de fondo contido social marca o movemento racionalista en Vigo

venres, 14 dec 2001
A Concellería de Patrimonio Histórico vén de publicar un roteiro de arquitectura racionalista en Vigo con motivo da celebración desta exposición, que se mantivo aberta na sede da Fundación CaixaGalicia ata o pasado día 10 e que a partires de hoxe e ata o vindeiro 7 de xaneiro se mostra na sala de exposicións da Federación veciñal “Eduardo Chao” (Praza da Princesa, 7).

O roteiro recolle as máis significativas edificacións desta corrente arquitectónica de principios do século XX, na que a nosa cidade participou activamente. Esta nova publicación xorde mercede á celebración da exposición organizada pola Asociación Amigos dos Pazos en colaboración co Concello de Vigo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo e maila Fundación Caixa Galicia.

En Vigo, o arquitecto Francisco Castro Represas lidera este movemento e a él pronto súmanse Jenaro de la Fuente e Antonio Cominges, entroutros. O Racionalistas entenderon que a técnica lles permitía incorporar á arquitectura contido social, co obxectivo de resolver os numerosos problemas da sociedade industrial posterior á Primeira guerra mundial.

A nosa cidade foi campo fértil desta vangarda e así, edificios como “O Albo”, o Real Clube Náutico, o “edificio Salgueiro” ou a desaparecida Escola de Comercio, amosaron ó mundo a nosa particular percepción da sociedade da primeira mitade do século XX.

A exposición manterase aberta na Federación veciñal “Eduardo Chao” dende hoxe e ata o vindeiro día 7 de xaneiro, en horario de 18h. a 20h. de luns a venres e de 11,30h. a 13,30h. os sábados, domingo e festivos deste nadal.