O Concello de Vigo crea unha programación teatral estable
O circuíto teatral ”Vigo a escena” levará ós locais de asociacións culturais e veciñais unha programación mensual na que se fará partícipe ás compañías profesionais de teatro da cidade. A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou as actuacións de Máscara Produccións e Artello-Teatro alla scala 1:5 que inaugurarán o programa desta fin de semana.
Nove locais de asociacións e o auditorio municipal serán os espacios nos que se representarán as obras de teatro nesta primeira edición de ”Vigo a escena”, programa que substitúe ó ”Outono Teatral” que obtivo unha grande acollida por parte do público, segundo explicou Santiago Montenegro, de Artello.
Esta primeira edición disporá dun presuposto de 10 millóns de pesetas destinado a apoiar as compañías teatrais de Vigo. ”A programación desenvolverase mensualmente para facer partícipes ás compañías e dar a coñecer o teatro que se está facendo en Vigo”, sinalou Isaura Abelairas.
”Trátase de amosar os espectáculos de sete compañías viguesas nas asociacións que aínda que queiran ofrecer teatro non poden facer fronte ós cachés de contratación”, indicou Xerome Calero, de Máscara Produccións.
”Unha de amor” é o título da peza teatral que representará Artello-Teatro alla scala 1:5 en tres funcións que realizarán na asociación San Xoán Poulo o 15 de decembro ás 19:00, en Beade o 16 de decembro ás 19:00 e en Monte da Mina de Castrelos o 22 de decembro ás 20 horas. ”Unha de amor” é un espectáculo de creación colectiva inspirado no conto de Jorge Amado ”O gato Malhado e a andorinha Sinha” e nas ilustracións de Caryb.
Máscara Produccións representará ”Malandros”, a historia de Renato e a súa cuadrilla nun asalto que ía espantar o mundo. Trátase dunha adaptación da novela ”Crónica dos bons malandros” do escritor e xornalista portugués Mario Zambujal. A primeira función será na asociación Santa Mariña de Cabral o 16 de decembro ás 18:00 horas.
Descargar todas as imaxes