”O Vigo do novo milenio” é o tema do concurso de redacción das cartas ós Reis Magos
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural convoca o concurso de redacción ”O Vigo do novo milenio” co obxectivo de seleccionar tres nenos que participen na recepción oficial ós Reis Magos e os acompañen nas carrozas reais durante a cabalgata.
Neste concurso poderán participar tódolos nenos da cidade menores de 12 anos. Os interesados deberán presentaren unha carta dirixida ós Reis Magos na que lles expresen os seus desexos sobre como quererían que fose a cidade neste milenio. Os participantes utilizarán as cartas editadas polo Concello de Vigo e nelas deberán indicar nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto.
As cartas depositaranse na urna instalada na lonxa do Concello ou na que levará o Carteiro Real nas súas visitas. O prazo de presentación comezará o 21 de decembro e finalizará ás 20:00 horas do 2 de xaneiro. Só se aceptará unha carta por neno.
O Concello designará un xurado para valorar as redaccións presentadas e estará integrado por tres persoas relacionadas co ensino e coa cultura e presidido pola concelleira de Festas e Animación Sociocultural. O resultado farase público nos medios de comunicación locais o 4 de xaneiro.