Escoitar

As Xornadas Municipais de Voluntariado reúnen en Vigo a especialistas na acción solidaria

martes, 4 dec 2001
As Concellerías de Participación Cidadá e Benestar Social organizan as II Xornadas Municipais de Voluntariado no Centro Cultural Caixanova co obxectivo de potenciar e dinamizar esta actividade e facilitar o intercambio de impresións.

O encontro está dirixido a tódolos cidadáns e colectivos da cidade interesados ou sensabilizados coa acción voluntaria. Entre os relatores está o responsable do programa de Voluntariado de Cáritas Estatal, Luis Aranguren, e responsables de plataformas de voluntariado que debaterán sobre as súas experiencias e a necesidade de coordenación.

Organizaranse tres mesas de traballo simultáneas, que tratarán ”O financiamento da acción voluntaria”, ”A coordinación no ámbito do voluntariado” e ”As novas necesidades e proxectos no ámbito da acción voluntaria”. Nesta última participarán asociacións de mulleres, de inmigrantes, xuvenís e da terceira idade.

Sebastián Mora Rosado, experto en redes sociais, presentará o mércores, 5 de decembro, un relatorio sobre os retos e estratexias do voluntariado e José Hermida e Lois Cea presentarán o ”Plan municipal de voluntariado do Concello de Vigo”. Unha técnica da Oficina Municipal de Voluntariado, Beatriz Gómez Ouro, lerá as conclusións das tres mesas de traballo para dar paso á clausura das xornadas por parte de Mariló Cabaleiro e Belén Sío.