Escoitar

Presentación da campaña de sensibilización para a accesibilidade

luns, 3 dec 2001
imx861.jpg
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a ”Campaña de Sensibilización para a Accesibilidade” que comezará este mes de decembro e terá unha duración, na primeira fase, ata o mes de maio de 2002.

A campaña arguméntase no senso que a sociedade xoga un decisivo papel no proceso de conseguir á accesibilidade polo que faise imprescindible unha actuación sobre os cidadáns para procurar a súa mentalización sobre a problemática e o conseguinte cambio de actitudes.

Os obxectivos da campaña son implicar a sociedade na consecución da accesibilidade, facendo conscientes ós cidadáns da necesidade e importancia da súa participación: conseguir que se respecten as medidas establecidas como non aparcar nas zonas reservada ou nos rebaixes e potenciar dende o Concello medidas que conduzan ó incremento da accesibilidade na cidade.

Na primeira fase da Campaña de Sensibilización traballarase nos medios de comunicación, concretamente na radio, coa emisión de cuñas e a divulgación a través de carteis e pegatinas. As actividades irán destinadas á poboación xeral para conseguir a colaboración e implicación.

En posteriores fases, a campaña centrarase nos centros de ensino, a través de talleres divulgativos, traballando tódalas discapacidades. Tamén estará dirixida a implicados no ámbito da accesibilidade como arquitectos, aparelladores ou constructores.
Descargar todas as imaxes