Escoitar

O barrio onde está APAM, Premio Integración

luns, 3 dec 2001
O Premio Integración deste ano entregaráselle ó barrio onde está situada a asociación de minusválidos APAM, na zona de A Florida, segundo acordou hoxe o Gabinete Técnico de Accesibilidade.

A Concellería de Benestar Social concede este premio, dende hai catro anos, a aquelas persoas, institucións ou empresas que máis teñan contribuído á integración das persoas con discapacidade. A elección corre a cargo das asociacións de discapacitados que forman parte do Gabinete de Accesibilidade mediante votación a partir das propostas deles mesmos.

O Gabinete tamén acordou dar o Premio No Integración a un artículo de prensa titulado ”Tramposos” escrito por Alfonso Usía no diario ABC, no que se refire ós Xogos Paralímpicos como un ”espectáculo deportivo no agradable de ver ni interesante en seguir”.

Estes premios entregaranse no decurso dun acto público que se celebrará o vindeiro día 17 de xaneiro.