O Plan de Actuación para a Accesiblidade guiará a redacción do Pxom
A concelleira Belén Sío presentou o Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade de Vigo destinado a crear un contorno urbano cómodo e seguro que ofreza resposta ás necesidades dos cidadáns para mellorar a calidade de vida. Vigozoo será unha das instalacións municipais nas que primeiro se aplique este proxecto.
No acto de presentación estiveron os concelleiros Delfín Fernández, Xoaquín de Acosta e Amador Fernández, ademais de representantes de colectivos de discapacitados e persoal municipal que vai levar á práctica este plan de actuación desde as distintas concellerías. O presuposto estimado para a súa execución é de 3.500 millóns de pesetas.
Con este plan preténdese a rexeneración dos espacios urbanos, darlle protagonismo ó peón nun deseño optimizado da rede viaria, o fomento do transporte colectivo e a mellora estética da cidade co fin de incidir na calidade do medio ambiente e de crear unha cultura da accesibilidade.
O plan contén unha memoria descritiva: a normativa sobre accesibilidade: un apartado viario con recomendacións para cada rúa, beirarrúa e elemento de mobiliario urbano: apartados dedicados á mellora dos edificios municipais, transporte e tráfico, comunicación sensorial e unha guía de aplicación técnica. Dispón tamén dun plano de diagnóstico e proposta con documentación gráfica de cada lugar da cidade.
O encargado da redacción do plan, o arquitecto Fernando García Ochoa, explicou que se realizou unha operación piloto no contorno da praza de Compostela, estimada en 100 millóns de pesetas, que reúne as condicións requiridas no proxecto.
Para a execución do plan trataríanse 331 rúas, 33 edificios, 73 aseos públicos e instalaríanse 33 teléfonos adaptados para discapacitados, entre outros aspectos. Isto precisaría un investimento desglosado de 3.100 millóns para as melloras viarias, 137 millóns para o transporte e 178 millóns de pesetas para adaptar os edificios, entre outros.
”Unha comisión de seguimento traballará con constancia e implicará os técnicos do Concello para ir creando unha cultura da accesibilidade”, afirmou Belén Sío.
Este plan é froito dun convenio entre o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Fundación Once.
Descargar todas as imaxes