Escoitar

Presentación do ”Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade”

xoves, 29 nov 2001
A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa Fundación ONCE e o IMSERSO, redactaron un Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade con obxectivo de ter as pautas e a planificación necesaria para a eliminación das barreiras arquitectónicas, urbanísticas, do transporte e da comunicación no ámbito do municipio de Vigo.

O Plan preséntase o venres, 30 de novembro no auditorio da ONCE de Vigo e ós actos están convidadas as institucións máis relevantes da cidade, os colexios de arquitectos e aparelladores, constructores, empresarios do transporte e as asociacións de persoas discapacitadas.

O Plan de Accesibilidade pretende ser unha figura do planeamento que recolla as actuacións que se deben realizar para facer accesible a cidade. O Plan determina un sistema xeral e unha rede de itinerarios e zonas que conforman unha trama accesible do municipio.

”Desarrollos Vías Libres”, empresa da Fundación ONCE foi a encargada de redactar o Plan que entregou hai uns días á Concellería de Benestar Social.