Escoitar

O día 10 aplícanse os primeiros cambios nas liñas de autobuses urbanos

mércores, 28 nov 2001
imx843.jpg
O luns 10 de decembro poranse en marcha as primeiras modificacións previstas no Plan de reordenación de liñas do transporte público urbano. Os primeiros cambios afectarán aos percorridos dos circulares 1 e 2. Posteriormente iranse introducindo as restantes novidades.

A partir do día 10 o “circular 1” variará a súa rota co obxectivo de atender aos usuarios da estación marítima da ría e aos veciños da zona baixa do barrio histórico, que hai anos que viñan reclamando este servicio. O seu percorrido será o seguinte: Praza de América-Coruña-Praza Industria-Torrecedeira-Berbés-Praza Compostela-Reconquista-Policarpo Sanz-Urzaiz-Gran Vía-Praza España-Barcelona-Camelias-Praza América. O C-1 comezará a circular ás 7:30 horas e deixará de facelo ás 21:15. A súa frecuencia de paso será cada 10 minutos.

Tamén o día 10 cambia o percorrido do C-2. Neste caso o cambio obedece á necesidade de ofrecerlle transporte público urbano aos veciños da zona de S. Roque. O novo itinerario do C-2 será o seguinte: Rosalía de Castro-M. de Valladares-Reconquista-Policarpo Sanz-Paseo de Alfonso-Romil-Cachamuiña-Venezuela-Gran Vía-Praza de España-Pizarro-Vázquez Varela-Sta. Rita-C.S. Honorato-Roiseñor-Gregorio Espino-Travesía de Vigo-García Barbón-Serafín Avendaño-Rosalía de Castro. Esta liña funcionará entre 7:30 e 21:15 horas e a súa frecuencia de paso será cada 15 minutos.
Descargar todas as imaxes