Isabel Rey e Manuel Brugueras: Homenaxe a Bellini no Festival Are-More
Despois do aprazamento, por causas de saúde, do concerto da soprano Isabel Rey inicialmente previsto para o 13 de novembro, a data definitiva de celebración será o vindeiro xoves 29 de novembro ás 20:30 horas no Cine Fraga - Caixa Galicia. Serán válidas as entradas da anterior data para acceder ó concerto, asimesmo as persoas que queiran que se lles reembolse o importe da entrada poderán solicitalo na Central de Espectáculos ata o mesmo día do concerto.
O Festival ARE MORE quere sumarse ó segundo centenario do compositor Bellini, cun concerto no que as pezas que se interpretarán pertencen a el mesmo e a Mozart. Deste xeito, a organización do festival súmase á serie de celebracións que se levan a cabo nos principais escenarios do mundo en homenaxe do famoso compositor. Para interpretar este concerto, estarán en Vigo a soprano Isabel Rey, unha das máis recoñecidas na actualidade no panorama internacional, e o pianista arxentino Manuel Brugueras. Dous grandes intérpretes da música culta que percorren os escenarios de todo o mundo coas súas actuacións.
A soprano valenciana Isabel Rey acumula, na súa traxectoria artística, innumerables galardóns, premios e interpretacións nas principais salas de concertos, tanto nacionais como do resto do mundo. Iniciou a súa carreira musical moi cedo, ós oito anos, cando entrou a formar parte, na súa cidade natal, do grupo Los Pequeños Cantores de Valencia.
Comezou os seus estudios musicais ós catorce anos e acadou as máximas cualificacións da súa promoción, o que lle permitiu inicia-la súa carreira profesional ós dezaseis anos, con recitais de cancións españolas, francesas e lieds alemáns. Tras recibir ensinanzas de mestres como Menotti e Ocina, que a axudaron a prepara-lo seu repertorio, e Kurda, Céballe, Scotto e Cotrubas, gañou a maioría dos concursos nos que participou en toda España.
Despois do segundo premio no Festival Internacional de Bilbao, debutou co papel de principal da ópera de Bellini A Somnámbula, no ano 1987. Dende entón os seus éxitos cóntanse por actuacións.
O seu debut internacional foi en Liexa no ano 1988 e posteriormente realizou unha xira pola Unión Soviética. Participou na estrea mundial de Te Deum de César Cano e gravou o seu primeiro disco con esta obra. O primeiro gran concerto que interpretou como protagonista, foi no Auditorio Nacional de Madrid co gallo da gala conmemorativa da presidencia española da Comunidade Europea. Ó ano seguinte debutou con Rigoletto en Oviedo e en Liexa. A partir de aí interpretou obras en Viena e no Teatro da Zarzuela en Madrid. No ano 1991 trasladouse a Zúric, tras recibir unha importante oferta da ópera daquela cidade suíza, e interpretou innumerables papeis das óperas máis famosas.
Foi en 1993 cando foi aclamada por tódolos medios de comunicación polo seu papel como Susanna en Vodas de Fígaro. A partir de entón, considerada como unha das mellores novas estrelas da ópera, abríronselle as portas dos teatros de todo o mundo.
Colaborou con José Carreras en xiras, concertos e na gravación de varios discos e as súas interpretacións nas Vodas de Fígaro foron aplaudidas en todo o mundo. Isabel Rey é das poucas cantantes líricas que pode presumir de que non houbo unha soa tempada na que non debutase cun novo personaxe.
Á súa importante carreira como cantante de ópera, con máis de corenta papeis no seu repertorio interpretados nos sete idiomas que domina, únese a súa faceta como “liederista”, da que deixou pegada nos principais teatros e salas de todo o mundo. Actualmente ten contratos para actuacións ata o ano 2006.
Con Isabel Rey estará no concerto de ARE MORE o pianista arxentino Manuel Brugueras. Aínda que empezou a súa carreira como intérprete solista, axiña se dedicou a acompañar a destacadas figuras do bel canto, como Monserrat Caballé, José Carreras ou Marilyn Horne. Actuou nas máis prestixiosas salas do mundo. Realizou gravacións discográficas para os principais selos internacionais e non deixou de lado incursións nos novos xéneros musicais. Por ese motivo foi un dos pianistas invitados no Festival de Jazz de Montreux no ano 1997.
Rey e Brugueras interpretarán obras de Mozart e de Bellini no concerto que ofrecerán en Vigo.
Precisamente, na primeira parte do mesmo, inclúese a aria de Susana, unha das pezas que reportou fama mundial á soprano valenciana.
BIOGRAFÍAS
PROGRAMA