Escoitar

O Pleno aproba unha resolución sobre a Lei Orgánica das Universidades

luns, 26 nov 2001
imx830.jpg
Castrillo e Docampo
A Corporación municipal aprobou, por maioría, unha proposta de resolución sobre a Lei Orgánica da Universidade no transcurso do Pleno ordinario celebrado hoxe.

A proposta di que ”o Concello de Vigo se dirixe a tódolos grupos parlamentarios do Senado para solicitarlles que incorporen no debate que se celebrará nesta Cámara, as propostas de mellora do texto lexislativo da Lei Orgánica da Universidade (LOU), presentadas pola Conferencia de Rectores, os sindicatos e os representantes dos estudiantes das Universidades”.

No transcurso da sesión plenaria o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, compareceu para explicar a posición desta Universidade sobre a Lei. O rector subliñou a súa vocación de abrir a Universidade pública á cidadanía, á industria, á sociedade, á empresa e de elevala a nives onde se poida competir. Dende esta posición, Domingo Docampo, engadiu que ”esta Lei é burocrática, excesivamente regulamentista, é recentralizadora que ten un problema grave para comunidades autónomas como a nosa”. O rector manifestou que a Lei na súa tramitación pasou por un proceso no que a desconfianza do Ministerio na Universidade pública estivo bastante clara, ”todo eso, creo, é posible recompoñelo pero, en todo caso, necesitamos o apoio de quen nestes momentos poden facelo, que son os senadores”.
Descargar todas as imaxes