O Concello promoverá a declaración do corredor do Lagares como espacio natural de interese
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, vaille propoñer ao Pleno da Corporación municipal que lle solicite á Xunta de Galicia a declaración do corredor do río Lagares e do parque Quiñones de León como espacios naturais de interese local.
A declaración de espacio natural de interese implica que estas zonas teñan preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión. Un dos requisitos para obter esta cualificación é a creación dun instrumento de planificación que estableza o rexime de usos e actividades permisibles na zona protexida e as limitacións necesarias para a súa conservación. O corredor do Lagares xa conta con ese instrumento, o Plan Especial de Rexeneración do corredor natural do Lagares, mentres que o parque de Castrelos dispón dun Plan Especial de Protección que está en fase de aprobación.
Nestes momentos, estanse a executar as obras de construcción do paseo de ribeira do Lagares dende Castrelos ata a avenida de Madrid. Os traballos poderían estar finalizados a principios do vindeiro ano.