Aberto o prazo de inscrición para o concurso de rondallas
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o XXI Concurso de Rondallas que se celebrará o sábado, 1 de xaneiro de 2002, ás 18:00 horas no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas. Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 50 compoñentes.
As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en impreso normalizado, ata o día 5 de decembro de 2001. Así mesmo, deberá acompañar a inscrición, unha certificación bancaria e fotocopia compulsada do CIF ou NIF segundo proceda. O número máximo de agrupacións participantes limítase a 12 e como único criterio de selección establécese a orde de inscrición.
Establécese un primeiro premio de 2.110 euros, o segundo percibirá 1.810 euros e o terceiro clasificado 1.210 euros. O resto das agrupacións participantes percibirán 610 euros cada unha. Así mesmo, establécese un premio único de 300 euros, ó conxunto de abandeirados.
A orde de actuación das 12 rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará na Sala-Museo da Casa do Concello, o día 14 de decembro ás 12:00 horas: recoméndase que a este sorteo acuda un representante de cada rondalla inscrita.
O xurado do concurso cualificará entre 0 e 10 puntos enteiros a vestimenta de toda a rondalla, instrumentación musical, evolución na pista de toda a rondalla e mailo repertorio musical.
Cada agrupación disporá dun máximo de 10 minutos para realiza-las interpretacións que estime oportunas. Descualificarase inmediatamente ás agrupación que superen en tres minutos o tempo de actuación, con menos de 50 compoñentes ou que entre eles figuren majorettes. Os himnos oficiais dos estados e das comunidades autónomas non poderán ser incluídos nos repertorios que executarán as rondallas participantes.
As rondallas clasificadas no primeiro, segundo e terceiro lugar do concurso quedarán obrigadas a participar no desfile da ”Cabalgata de Reis 2002”, que organiza o Concello de Vigo e que se celebrará o día 5 de xaneiro. Por este concepto aboaráselles a cada unha delas un importe total de 610 euros, con tódolos conceptos incluídos.
Os interesados poden solicitar as bases no departamento de Festas e Animación Sociocultural.