A Corporación adxudica as obras de ampliación do saneamento no rural
O Pleno da Corporación municipal, reunida hoxe en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade a proposta de adxudicación do concurso para a execución das obras dos proxectos de ampliación da infraestructura de saneamento en diversas parroquias de Vigo. Os lugares onde se vai completar a rede de saneamento son Lavadores, Bembrive, Coruxo e San Miguel de Oia. O investimento previsto supera os 1.500 millóns de pesetas. No decurso da sesión o alcalde deu conta da resolución, en execución de sentencia, pola que se separa do servicio a catro axentes da Policía local.
Os concelleiros aprobaron a cesión de uso ó Concello de Vigo de 39.370m2 no lugar chamado Chan Grande (San Miguel de Oia) para dedicalo a Parque Forestal e a proposta de declaración do corredor natural do río Lagares e do Parque Quiñones de León-Castrelos, como espacio natural de interese local.
A Corporación deu o visto e prace ó proxecto constructivo de execución da ”Casa das Palabras” conforme á documentación presentada pola entidade adxudicataria do concurso Necso Entrecanales Cubiertas,S.A., redactado polo arquitecto César Portela e pola entidade Ingeniería Cultural.
Plan Parcial Quirós e PERI Casás
O Pleno aprobou o Plan Parcial Quirós, que ordena unha área de 46.125 m2 da parroquia de Sárdoma. Dáse vía libre á urbanización da zona comprendida entre a estrada provincial e o camiño de Quirós, o que suporá a mellora dos viais que atravesan a zona e a creación de novas dotacións.
O Plan Parcial permite a construcción de edificios de vivendas de oito alturas na zona adxacente á estrada provincial. Na parte que linda co camiño de Quirós só se permitirá a construcción de vivendas unifamiliares. Ámbalas áreas residenciais estarán separadas por unha zona verde de 7.000 m2. Ademais, resérvase unha superficie de 6.000 m2 para equipamentos docentes e outra de 2.208 m2 para instalacións deportivas.
Os promotores da urbanización están obrigados a construír un aparcamento soterrado de 283 prazas, que deberán ceder ao Concello. As previsións de zonas de estacionamento complétanse coa reserva de espacio en superficie para acoller outros 255 vehículos.
A Corporación aprobou o Plan Especial de Reforma Interior da U.A. 3 Casás, na parroquia de San Andrés de Comesaña. Este plan ordena unha superficie de 16.010 m2 na que só se poderán construír vivendas unifamiliares adosadas e edificios comerciais. O Peri inclúe unha zona verde de 1620 m2, e unha parcela para equipamentos deportivos
Novas rúas
O Pleno do Concello acordou que o campo de fútbol situado no recreo de Bouzas se denomine ”Campo municipal de Bouzas Baltasar Pujales”. Tamén asignou nomes ás seguintes rúas e espacios públicos: ”Johan Carballeira” á nova vía pública que está ubicada entre as rúas Paulino Freire e Camilo Vega: ”Ernesto Lecuona” e ”José Franco Montes” a dúas novas rúas ubicadas na parroquia de Lavadores: ”pintor San Luis” que estará situada entre ás rúas Cantabria e Silvana: o arquitecto ”Desiderio Pernas Martínez” terá unha rúa preto de Antonio Cominges, e o ” Camiño vello de Nogueira”.
Descargar todas as imaxes