Co Festival Are-More, ”Vigo é a cidade de referencia no panorama cultural de Galicia”
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, fixo un balance da primeira etapa do Festival Are-More e explicou que se conseguiu o obxectivo de ofrecer en Vigo espectáculos únicos en España. ”Vigo é unha cidade de referencia no panorama cultural de calidade de Galicia”, afirmou Príncipe.
O Festival Are-More é a cita cultural do outono en Galicia gracias á entrega do público, segundo manifestou o concelleiro. O espectáculo de clausura, ”O Mesías” de Haendel a cargo de Il Fondamento, que se ía celebrar na igrexa-concatedral de Santa María, trasládase ó Cine Fraga-Caixa Galicia debido a que as previsións de afluencia superan o aforo. Carlos Príncipe pretende que este concerto se convirta no ”Concerto de Nadal de Galicia” e se consolide como tal.
O director artístico do festival, Roberto Relova, sinalou que 9.000 espectadores asistiron ós concertos xa programados e ten constancia da procedencia de público de Porto, Santiago, A Coruña e Barcelona, entre outros lugares.
”Estamos na liña correcta para que o público goce do festival, xa que o programa elixido pretende potenciar a cultura de calidade”, afirmou Relova. Referencias dalgúns concertos do Are-More sairán nas revistas de musicoloxía máis importantes de Europa.
Descargar todas as imaxes