Benestar Social pon marcha un proxecto de integración en actividades de lecer
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o representante da Asociación Xuvenil Abertal, Santiago Fernández, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun Proxecto de Integración de rapaces e rapazas en Actividades de Lecer, dentro do Programa Xenérico de Apoio ó Menor.
Os destinatarios do proxecto son os menores que conforman o grupo de risco determinados polo equipo de intervención do Programa de Infancia. O programa executarase, inicialmente, ata o mes de maio de 2002 e ten un custo dun millón cento dez mil pesetas.
A Concellería de Benestar Social traballa dende hai tempo en programas de prevención de conductas de risco e inadaptación social con diferentes colectivos e particularmente coa infancia.
Ademais das intervencións que se fan no ámbito escolar e no entorno familiar, o Concello artella medidas que contribúan a facer que o lecer dos máis novos sexa enriquecedor no aspecto educativo e persoal. A Asociación Xuvenil Abertal realiza unha tarefa con rapaces e rapazas de educación de valores solidarios e de atención ós que teñen carencias de tipo sociofamiliar.
Descargar todas as imaxes