O Concello promociona as enerxías renovables a través de xornadas divulgativas e programas piloto
Especialistas en urbanismo, enxeñería industrial, fontanería e ecoloxía participan nas ”Xornadas sobre Enerxía Solar” organizadas pola Concellería de Servicios Electromecánicos. O concelleiro de Urbanismo, Xabier Toba, destacou que o Concello quere ser pioneiro na implantación de enerxías alternativas en Vigo e tamén exemplo a imitar, polo que apoia diversas accións destinadas a fomentar o uso das enerxías renovables.
”Sabemos que o futuro pasa inevitablemente polo uso das enerxías renovables. Aqueles que saiban anticiparse na súa implantación terán moito terreo gañado e, por suposto, a min gustaríame que Vigo se encontrase entre eles”, indicou Toba.
O Goberno municipal de Vigo está xa a facer acenos importantes no eido do aforro enerxético, da implantación de enerxías alternativas e da reciclaxe. Toba mencionou o proceso de renovación do alumeado público, substituíndo elementos anticuados por outros máis modernos que permiten reducir o consumo, os ensaios para transformar en abono materiais que antes acababan en vertedoiros ou que eran incinerados como as lamas xeradas na depuradora ou os restos de podas vexetais. Ademais, indicou que se está a traballar na posible instalación na Casa do Concello dun sistema de aproveitamento de enerxía solar para a súa transformación en enerxía eléctrica.
Relatorios
Un representante do INEGA, Nicolás Vázquez, explicou a situación actual e o futuro da enerxía solar en Galicia e o profesor da Universidade de Vigo, Manuel Vázquez, relatou a experiencia fotovoltaica en Galicia.
Nas Xornadas trátanse tamén as aplicacións da enerxía solar e a situación actual do mercado. O enxeñeiro industrial Ramón Eyras e o xerente de mercado nacional, Javier Gorbeña, de Isofotón, son os relatores desta sesión previa a un foro de debate que se celebra pola tarde.
Descargar todas as imaxes