Escoitar

Vitrasa inaugura a súa nova liña circular nocturna

Concello, Vitrasa e Asociación de Empresarios asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha deste novo servicio tan demandado pola mocidade.

venres, 17 dec 2004
1103292511vitra.JPG
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Vilariño, os concelleiros Antonio Coello e Lucía Molares, e mailo presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, Carlos Rodríguez Cerdeira, presentaron hoxe o novo servicio de autobús nocturno de Vitrasa.

O novo servicio do popular "búho" unirá Teis con Samil en frecuencias de unha hora, dende as 11 da noite ata as 8 da mañá. O percorrido será circular e en dous sentidos, un con saída ás horas en punto e o outro ás medias.

Corina Porro resaltou a conveniencia deste novo servicio que cubre unha necesidade tan importante, tanto para a mocidade como para as familias, "que son as que sofren o problema dos accidentes por causa dos desprazamentos nocturnos", dixo. Destacou o compromiso das dúas entidades participantes no acordo asinado, Vitrasa e a Federación Provincial de Empresarios, que permitirá aos xóvenes desprazarse con total seguridade e polo módico prezo dun euro. O billete é válido para todo un día, incluíndo calquera viaxe a realizar nesta liña.

Juan Carlos Vilariño destacou o acordo asinado xa que supón a primeira pedra dunha demanda ben necesaria que é a de "conseguir unha absoluta seguridade nos desprazamentos con fines lúdicos". Pola súa parte, Carlos Rodríguez Cerdeira sinalou que o convenio "mellora os nosos servicios e a nosa imaxe".

O servicio do autobús nocturno comeza esta mesma noite, na que tódalas viaxes serán de balde por motivo da súa inauguración. A partir de hoxe farase extensivo a tódolos venres, sábados e vésperas de festivo do ano.

Corina Porro avisou tamén da habilitación de dous aparcadoiros de balde, un na zona da Florida e outro na Estación Marítima para facilitar aos vigueses as compras de Nadal que efectúen nos establecementos do centro.
Descargar todas as imaxes