O Goberno municipal da luz verde ao convenio que permitirá desbloquear a ETEA
Zona Franca será a encargada de levar adiante as obras de humanización dos accesos e construirá un aparcadoiro, cun investimento de máis de 12 millóns de euros.
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o convenio que desbloquea a actuación na ETEA grazas a un acordo de colaboración entre o Concello de Vigo, Zona Franca e Xunta para a urbanización do PS1. Caballero explicou que “o que estamos facendo é acudir en salvación da ETEA aos efectos do seu establecemento como un campus científico tecnolóxico do mar”. O texto validado establece que Zona Franca, que lle vai dedicar máis de 12 millóns de euros ao aparcamento, tamén executará "o abastecemento e toda a parte de urbanización para que a Xunta poida levar adiante a nova ETEA”.
O convenio estipula compromisos para cada administración:
- Zona Franca licita e executa as obras, a urbanización e as conexións coa PS1, e licita e leva adiante un aparcamento subterráneo
- A Xunta de Galicia tramita e aproba o proxecto de urbanización
- O Concello de Vigo tramita o expediente e permite á Xunta e a Zona Franca que faga un aparcamento subterráneo.
Para rematar, o alcalde fixo fincapé no papel de Zona Franca, “quen saca adiante a ETEA porque leva 14 anos sendo propiedade da Xunta de Galicia e está completamente paralizada”.