Escoitar

O Concello estudará denunciar a suba do prezo dos voos a Madrid durante os incendios ao Tribunal de Competencia

Abel Caballero considera que os prezos medraron de forma “intolerable e vergoñenta” e asegura que defenderá a Vigo ante o Tribunal de Competencia porque esta circunstancia non debe repetirse.

venres, 22 ago 2025

O alcalde anunciou que o Concello está a estudar unha denuncia ante o Tribunal de Defensa da Competencia pola suba do prezo dos billetes de avión entre Vigo e Madrid durante os incendios.

Caballero explicou que as compañías aéreas que operan esta ruta aproveitaron para subir os prezos un 200 ou 300 por cento polo corte da conexión ferroviaria e a autovía A-52 en momentos puntuais. “Uns prezos insoportables, aproveitando unha traxedia desta envergadura na provincia de Ourense. É de ter moita falta de conciencia social”, afirmou.

O alcalde considera que deben devolver o diñeiro dos sobreprezos e que as empresas deben ser sancionadas por abuso de mercado.

Descargar todas as imaxes