Caballero destaca o avance das obras da rúa Pintor Lugrís que contará cos dúas ramplas mecánicas
O alcalde asistiu este venres ao avance das obras de rúa Pintor Lugrís que conlevan a humanización e instalación de dúas ramplas. As melloras, que contan cun investimento de 1,5 millóns, súmanse ás iniciadas esta semana en rúa Pintor Colmeiro, por 2,5 millóns. “Seguimos transformando e trazando todos os corredores da cidade”, destacou Abel Caballero.

Abel Caballero explicou hoxe que o Concello destina 4 millóns de euros ao novo corredor de conexión entre as rúas López Moura e Pintor Colmeiro que facilitará o acceso ao centro de saúde e á mobilidade de toda a zona. Avanzou novas obras de humanización na contorna da rúa Xirona.
O alcalde afirmou que as obras das rúas Pintor Lugrís e Pintor Colmeiro avanzan a “moi bo ritmo”, xa que nestes momentos na primeira finalizáronse os traballos de instalación das redes de servizos, e dentro de 10 meses estará terminado un proxecto que conleva a instalación de dúas ramplas mecánicas divididas en 4 tramos coa finalidade de facilitar o acceso ao comercio e a mobilidade dos peóns.
O rexedor apuntou o arranque das obras de Pintor Colmeiro tras valar todo o ámbito onde se colocarán catro ramplas mecánicas e realizaranse obras de humanización.
Caballero afirmou que nestes momentos o Concello de Vigo executa uns “niveis de contratación de obras que pulveriza a todas as cidades de Galicia xuntas”, á vez que anunciou que “imos seguir acelerando as humanizacións e as obras”.
Entre as próximas obras atópanse tanto a conexión entre Camelias e o Colexio Doutor Fléming como o ascensor de Romil á Avenida de Hispanidade. “Queremos o corredor desde o mar ata Hispanidade”, afirmou o alcalde.
Caballero, tras lembrar que Vigo conta con 100 ramplas mecánicas, afirmou que é a cidade do mundo con máis medios mećanicos de mobilidade”.

