Escoitar

Vigo rexistra un 83,5% de ocupación na fin de semana

Abel Caballero referiuse este luns á “altísima ocupación” hostaleira da fin de semana, que confirma que a cidade é “unha gran potencia turística”.

luns, 21 xul 2025

O rexedor referiuse tamén aos datos feitos públicos por Civitatis, unha plataforma en liña líder de distribución de visitas guiadas, excursións e actividades turísticas en español que sinalan que Vigo rexistrou un aumento de case o 55% por cento de turistas no primeiro semestre de 2025, que valorou como “niveis excepcionais de turismo”.

Segundo os datos da plataforma, as reservas de visitas na cidade medrando un 54,16 por cento e mellora a satisfacción entre os visitantes, de xeito que o 90% valoraron con 4 estrelas a súa estadía en Vigo. Por grupos, o 42% son parellas, o 19% familias e o 17% grupos de amizades.

 

Descargar todas as imaxes