O Concello reclama á Xunta unha solución urxente para o CEIP Celso Emilio Ferreiro
O rexedor sinalou que se trata dun “importante" colexio que se encontra nunha situación "moi complexa e cun tellado en condicións indescritibles” e a “competencia é da Xunta de Galicia”.

“A qué espera a Xunta de Galicia para realizar o arranxo inmediato do CEIP Celso Emilio Ferreiro?” cuestionouse o rexedor vigués, ante a situación na que se encontra este colexio. O rexedor sinalou que se trata dun “importante centro” que se encontra “nunha situación moi complexa e cun tellado en condicións indescritibles” . Unha vez máis, sinalou que “competencia é da Xunta de Galicia”.
Caballero avanzou que “ante a desatención total da educación en Vigo” por parte do goberno autonómico, o Concello enviaralle unha misiva reclamando unha solución urxente para o este edificio educativo.