Escoitar

Caballero convocará un Pleno extraordinario para reclamar unha facultade de Medicina en Vigo

O alcalde afirma que “a demanda será permanente” e insta á Xunta “a habilitar orzamento para unha nova facultade de Medicina en Vigo sen detraer os recursos actuais da Universidade”.

venres, 30 mai 2025

Abel Caballero elaborará un ditame e convocará un Pleno extraordinario para reclamar que Vigo teña unha facultade de Medicina. O alcalde insiste en que é “unha demanda contundente” e que “vai ser permanente” a reclamación de que en Vigo se instaure o grao en Medicina.

“A Xunta ten que habilitar orzamento e dar autorización para unha nova facultade de Medicina en Vigo. Ten que habilitar recursos para que non detraia os orzamentos actuais da Universidade de Vigo”, afirmou o alcalde.

Caballero puxo de manifesto que Vigo “é a cidade de España máis importante en poboación e economía sen facultade de Medicina, cun área de un millón de habitantes, dotación hospitalaria altísima con 3 centros e poderían aproveitarse outros doutras cidades, tecnoloxía, un campus universitario excepcional e zonas universitarias na cidade”, describiu.

Descargar todas as imaxes