Escoitar

VigoNature programa 13 sesións de astronomía e observación do firmamento entre xuño e agosto

Durante as fins de semana e días festivos de xuño, xullo e agosto, o Concello desenvolverá actividades de astronomía e observación do firmamento dentro da oferta didáctica e divulgativa de VigoNature. As actividades comezarán o 14 de xuño.

mércores, 28 mai 2025

A partir do sábado 14 de xuño VigoNature comezará o programa de 13 sesións das actividades municipais de observación astronómica, segundo avanzou este mércores Abel Caballero. Desde as 22,00 ata as 00,00 horas, grupos integrados por 25 persoas por sesión poderán gozar, ademais da observación do ceo, de actividades como a introdución á filosofía de Starlight, contemplar o planifesrio celeste de VigoNature,  observar por telescopio a lúa ou os planetas e identificar constelacións e estrelas. Ademais, o programa inclúe relatorios con historias mitolóxicas das constelacións.“Queremos que os cidadáns de Vigo poidan observar o firmamento e realizar actividades de observación astronómica”, afirmou o alcalde.

 

Descargar todas as imaxes