Os xardíns de Castrelos acollerán 4 concertos no mes de xullo
O alcalde deu a coñecer este venres a programación do ciclo de concertos ao aire libre previstos para este verán no marco da conmemoración do 125 aniversario da doazón do pazo á cidade. Ademais, o Goberno municipal vén de adxudicar o servizo de funcionamento de VigoNature.

O domingo 6 de xullo comeza o ciclo de Concertos nos xardíns de Castrelos, incluídos na celebración do centenario da doazón do Pazo á cidade por parte do Marqués de Alcedo. O Concello realizou unha convocatoria pública para a selección das propostas musicais á que concorreron 59 candidaturas, das que se elixiron 4, que son as que conforman o programa.
Os concertos serán os domingos do mes de xullo ás 12:30 horas da mañá:
- 6 de xullo: Caamaño&Ameixeiras (nova música tradicional galega)
- 13 de xullo: Carla Lourdes (pop)
- 20 de xullo: Antifrágil (rock)
- 27 de xullo: Helena Egea ( jazz, blues, pop, folk)
VigoNature
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o servizo de mantemento da fauna, instalacións e actividades divulgativas do Centro de Educación Ambiental (exotarium) de VigoNature por un importe de 74.000 euros.
Tal e como explicou o alcalde, con este contrato garántese o coidado diario da fauna do exotarium, así como das instalacións do aviario de aves rapaces e do ratario. O Goberno local converteu o antigo zoo nun espazo de divulgación e interacción orientado á participación cidadá rematando coa etapa dos animais salvaxes en catividade. “VigoNature é unha nova dimensión de ocio, natureza e aprendizaxe medioambiental con diversión”, recalcou.