O alcalde anima a empregar o galego na saída do Correlingua
Máis de 1.800 escolares saíron desde a Praza do Rei e percorreron a cidade ata Castrelos nun día festivo para reivindicar o uso da lingua galega. O alcalde deu a benvida aos 13 centros educativos participantes e apoiou o uso do galego de cotío. Tamén felicitou ao profesorado polo seu labor no ensino en favor do idioma.
