Escoitar

Caballero visita as obras da rúa Santiago que crearán un novo espazo de encontro para a cidadanía

Abel Caballero comprobou este venres o avance das obras de remodelación do antigo local municipal da rúa Santiago. A finais de verán a praza transformarase para achegar á cidadanía un novo espazo de lecer e encontro, coa construción dunha bancada de granito “que permitirá ver as mellores postas de sol do planeta polas Illas Cíes”.

venres, 23 mai 2025

Abel Caballero visitou este venres as obras de remodelación do local municipal da rúa Santiago, no Paseo de Alfonso, fronte á oliveira, que transformarán a praza coa construción dunha bancada en granito e a mellora da accesibilidade.

O alcalde, tras poñer en valor os 119.000 euros de investimento para refacer un edificio sen uso, referiuse á integración, a partir de finais de verán, dun espazo agora degradado no conxunto da praza apuntando que se está acometendo un proxecto de “embelecemento” do Paseo do Alfonso, así como da contorna da oliveira.

Severino Cobas

O alcalde anunciou hoxe que o Concello trasladará o parque central de Santa Cristina a unha parcela de máis de 10.000 metros cadrados en Severino Cobas para construír 200 vivendas de alugueiro e venda a prezos taxados e alcanzables en Lavadores.

O expediente de expropiación do solar de Severino Cobas, que se incoará o vindeiro martes no Consello da Xerencia de Urbanismo, cumprirá un dobre obxectivo: instalar o novo parque central e ampliar o paseo do río Lagares. “Unha expropiación para construír 200 vivendas de alugueiro e venda de vivendas a prezos alcanzables”, remarcou Caballero.

Descargar todas as imaxes