O alcalde urxe ao Sergas a estender a atención temperá ata os 16 anos e a dotala de máis medios
O alcalde expresou hoxe o apoio do Concello de Vigo ao traballo que desenvolve "Loita: Plataforma pola defensa dos menores, nais e familias ante a sanidade pública", á vez que compartiu as reclamacións tanto de aumentar a dotación de medios para a atención temperá coa finalidade de dar resposta ás necesidades de todos os menores de 0 a 6 anos que o precisan, como de estendela ata os 16 anos. "É a gran reclamación porque hai ducias de familias en Galicia" en espera de resposta por parte do Sergas, asegurou Abel Caballero
