O XI programa "Vigo, cidade de cor” contará con artistas de cinco países
O Concello vén de aprobar a contratación das obras do programa de murais que ten un orzamento de case 200.000 euros e que contará nesta edición con artistas de Arxentina, México, Polonia, Grecia e España.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación das obras do XI Programa de murais “Vigo, cidade de cor”, que ten un importe de 196.736 euros. As obras contribuirán a recuperar e revitalizar a contorna e a paisaxe urbana e comercial, poñendo en valor o patrimonio da cidade.
O rexedor explicou que esta edición incorporará 11 novos murais" e que “cando o rematemos teremos máis de 190, sendo unha das cidades de Europa con máis arte ao aire libre e dunha calidade extraordinaria", cotnando coa participación de artistas de Arxentina, México, Polonia, Grecia e España.
Estas son as obras que conforman o XI programa "Vigo, cidade de cor":
- Alegría del Prado - “El brazo del mar y la tierra”, en rúa Rola, 116 (zona de Casablanca)
- Carola Bagnato - “El mar no es solo un paisaje, sino un estado del alma” en Rosario Hernández Diéguez, 6 (Fátima)
- Dafne Tree - “Petra e Mar”, en Santa Tegra, 71 (zona de Guixar)
- Dante Arcade – Realizará unha obra que fusiona o Pop Art, a estética de Miami Vice, e a cultura do graffiti, con elementos del universo dixital nas pistas de baloncesto de Samil
- Expostas - retrata a figuras como a pintora abstracta Berta Cáccamo, a muralista Lula Goce, a pintora Menchu Lamas, a pintora Almudena Fernández Fariña e a artista interdisciplinar Rut Martínez López de Castro, na rúa Palencia, 12 (Calvario)
- María Ortega – “El presente desde el que miramos”, en Sanjurjo Badía, 184
- Víctor García “Play in Colors” – Utilizará un contraste expresivo entre cores cálidos e fríos, combinados en formas sólidas e degradados que aportan dinamismo e modernidade na oista de baloncesto e gradas do parque Ricardo Aldao Román en A Salgueira
- Ramón Amorós – Foi o gañador da última batalla mural. Ofrecerá unha mirada cómica, combinando elementos dunha cultura moderna como os paseadores de cans, e o tradicional e histórico, como os hórreos en Galicia, no muro da Asociación de Veciños de Cabral
- Hugo Lomas “Sfhir” – Retrata a unha moza tocando unha gaita, unha obra que rinde homenaxe á música tradicional e a xuventude actual mostrando como as novas xeracións poden manter vivo o legado cultural, en Montecelo Alto, 62 (Teis)
- Dimitris Trimintzios “Taxis” – dedicada o mural aos novos comenzos e a unha viaxe impulsada pola esperanza, en Travesía de Vigo, 138
- Vanesa Álvarez - completará o mural colaborativo do primeiro tramo da Avenida de Castelao, dende rúa O Grove ata os volcáns