Escoitar

Abel Caballero fixa o inicio das obras do Paseo de Granada no mes de abril

As ramplas mecánicas que se instalarán nesta rúa facilitarán o tránsito e discorrerán entre a parte alta de II República e a Praza do Bicentenario. Contarán cun investimento de 3.344.461 euros.

mércores, 12 feb 2025

O rexedor explicou hoxe que a adxudicación da reforma do Paseo de Granada poderá estar lista no mes de maio, estando en disposición de iniciar as obras en abril. Conta cun investimento de 3.344.461 euros.

Instalaranse 4 ramplas, pola beirarrúa impar, cunha lonxitude aproximada de 210 metros e unha superficie de 3.300 m2, que salvan pendentes entre o 8,75% e o 10,5%. As catro ramplas proxectadas contan con 35,38,35 e 12 metros de lonxitude. O rexedor tamén sinalou que “están preparadas para unha capacidade de tránsito de 6.000 persoas por hora”. Estas ramplas provocarán que “a parada de autobús da zona centro e Porta do Sol se sitúe na Praza do Bicentenario”.

A actuación desenvolverase no Paseo de Granada e unha parte da rúa do Pracer, realizando unha redistribución do espazo a través dunha humanización que terá actuacións como a ampliación do ancho das beirarrúas, a pavimentación acorde coa contorna, a renovación das redes de servizos existentes e da iluminación pública así como a implantación de elementos de mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes