O goberno local outorga 25.000 euros en axudas de emerxencia
A comisión semanal concedeu 118 axudas por valor de 25.000 euros, a maioría delas para alimentación e vivenda.

Abel Caballero informou que o goberno local concedeu esta semana 118 axudas de emerxencia por valor de 25.000 euros. Segundo debullou o rexedor, 40 foron para vivenda e 38 para alimentación, sendo a partida das dúas de 22.000 euros. Outras axudas foron para o pago de subministros ou gastos médicos.
Caballero puxo en valor a “flexibilidade, prontitude e a achega que fai o Concello suficiente fronte as necesidades”. Tamén lembrou que as axudas de emerxencia son compatibles co Ingreso Mínimo Vital e as accións doutras administracións.