O Auditorio Municipal acolle ás 20 horas a representación "As que limpan" dentro da programación do 8M
Este xoves 16 de marzo, no escenario do Auditorio da Praza do Rei represéntase a obra de teatro “As que limpan”, escrita, dirixida e interpretada por Arela Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Unha creación de A Panadaría coproducida polo Centro Dramático Nacional. Trátase dunha actividade de balde enmarcada dentro das actividade do Día Internacional da Muller. A programación remata o sábado 18 de marzo coa actuación do grupo “Habelas Hainas” ás 20 horas no salón de actos do MARCO.
