Caballero recibe ao secretario de Estado de Transportes para avanzar nos proxectos de Vigo
O alcalde e o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, presentan o Estudo de Alternativas da saída sur ferroviaria para a alta velocidade entre Vigo e Porto. Tamén avanzarán nas infraestruturas “centrais” da cidade como a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, a humanización da Avenida de Madrid e a AP-9 e a autovía en túnel a Porriño.
O alcalde e o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, presentan o Estudo de Alternativas da saída sur ferroviaria para construción da liña de alta velocidade entre Vigo e Porto. Abel Caballero avanzou que manterá esta primeira xuntanza para seguir traballando nos proxectos “centrais” de Vigo, como a liña da alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo, pendente de análise e o visto bo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; a extensión do convenio da Avenida de Madrid hasta 2026 cun importe de 16,2 millóns, “que o Goberno de España aportará 2/3”.
Outros dos asuntos centrais será a humanización da AP-9 no tramo de entrada na cidade, que no día de hoxe celebrou a primeira Comisión Técnica formada por membros do Ministerio de Transportes e o Concello. Tamén se seguirá a avanzar na saída sur ferroviaria, que onte rematou o prazo para a presentación de ofertas para a redacción do estudo informativo.
Cumio Hispano-Luso en Lanzarote
Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola ratificación por parte de España e Portugal de avanzar conxuntamente no ferrocarril en alta velocidade entre Vigo e Porto. Así o acordaron os presidente de España, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro de Portugal, Pedro Costa, cun compromiso de ter en funcionamento o ferrocarril en alta velocidade entre as dúas cidades en 2030.