Escoitar

Estaleiros Armón Vigo recibirá a Medalla de Ouro da Cidade o próximo 23 de marzo

O cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas, tamén recibirá esta máxima distinción, neste caso, a título póstumo. A gala de entrega será o próximo 23 de marzo no teatro Afundación.

xoves, 16 mar 2023
Arquivo: Visita institucional a Estaleiro Armón Vigo na construción dun buque ocenaográfico para o Ministerio de Ciencia
Arquivo: Visita institucional a Estaleiro Armón Vigo na construción dun buque ocenaográfico para o Ministerio de Ciencia

O alcalde avanzou esta mañá que a Medalla de Ouro da Cidade correspondente ao ano 2023 será para Estaleiros Armón Vigo S.A., unha distinción que tamén recibirá de forma excepcional e a título póstumo, Ceferino de Blas, cronista da cidade, extraordinario xornalista, director durante moitos anos de Faro de Vigo.

Armón Vigo está especializado na construción de buques de alto valor engadido, así como na reparación, transformación e acondicionamento de todo tipo de embarcacións. Buques pesqueiros, buques escola, catamaráns, ferris, mercantes, remolcadores ou ocenográficos, “todos de altísima tecnoloxía e alto valor engadido”. Tras a compra de Hijos de J. Barreras, converteuse no maior construtor naval privado de España e o segundo de Europa.

Descargar todas as imaxes