Escoitar

O Concello aumenta en 9 céntimos a subvención aos usuarios da PassVigo

O alcalde anunciou en rolda de prensa que o venres se actualiza o prezo do billete ordinario de Vitrasa cunha subida de 9 céntimos, que asumirá integramente o Goberno Local.

mércores, 15 mar 2023

O servizo de transporte urbano de Vigo actualiza o seu prezo a partir do venres e pasará de 1,40 a 1,49 no billete ordinario. Esta suba non afectará a cidadanía coa PassVigo xa que, segundo anunciou o alcalde, o Concello ampliará a subvención para asumir os 9 céntimos.

Vigo conta con 215.925 usuarios da PassVigo dos cales 38.375 son pensionistas que viaxan de xeito gratuíto, subvencionados na súa totalidade polo Concello. As persoas con PassVigo seguirán a pagar 0,49 céntimos por viaxe, cunha subvención de 71 céntimos polo goberno local e 29 céntimos polo Goberno de España.

Os estudantes seguirán viaxando por 47 céntimos, os usuarios do billete social por 39 céntimos, os universitarios pagan un importe de 37 céntimos. “Son tempos difíciles e non quero que a cidadanía de Vigo pague máis polo billete de bus. Igual que facemos cos libros de texto e outras becas, no transporte urbano facemos o mesmo. Non quero que as economías domésticas soporten o custe do impacto da inflación no Vitrasa, entón facémolo desde o Concello”, explicou Abel Caballero.

Descargar todas as imaxes