O alcalde visitou as melloras realizadas no volcán de Coia
A fonte do Volcán estará operativa entre as 10:00 e as 00:00 horas. Caballero sinalou que "realizamos moitas melloras" como a reparación do variador de frecuencia, o sistema que permite que arrinquen os chorros, e automatizouse o funcionamento dos chorros poñendo unha frecuencia de 5 variacións. A maiores renovouse o cableado e fíxose unha limpeza da fonte.


