Presentación do libro “ Aprender a Convivir” de Xesús Jares
A concelleira da Educación, Ana Gandón, presentou hoxe o libro “Aprender a Convivir” froito do programa educativo co mesmo nome, promovido polo seu departamento. A concelleira manifestou que o obxectivo do programa é aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos.
O autor do libro, Xesús Jares, fundador do colectivo Educadores Pola Paz de Nova Escola Galega, é coordinador do programa “Aprender a Convivir”, e propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non violenta dos conflictos.
O Concello de Vigo é pioneiro na posta en marcha de programas educativos, que ofrece ós centros escolares da cidade como complemento do seu labor docente. Son programas formativos de características diversas que van dende a asistencia a audicións musicais ata os cursos de xadrez ou visitas guiadas a museos.
Descargar todas as imaxes