A Concellería de Electromecánicos solicita a creación da Axencia da Enerxía ante a Unión Europea
O Concello de Vigo presentou un proxecto para a adhesión á Axencia da Enerxía e solicítalle á Dirección Xeral de Enerxía da Unión Europea (DG-XVII) unha subvención de 150.000 euros, durante tres anos, para a súa creación.
O proxecto de creación da axencia provincial da enerxía enmárcase no programa Save II que pretende a instauración de medidas de aforro e eficiencia enerxética, prestando especial atención ás tecnoloxías relacionadas coa eficacia enerxética e as enerxías renovables.
A mellora da eficiencia enerxética repercutirá, de xeito positivo, tanto no medio ambiente como na seguridade do abastecemento enerxético, que son dous aspectos de transcendecia mundial. Forman parte desta rede países como Chequia, Bulgaria e Portugal, segundo explicou o concelleiro de Electromecánicos, Henrique Viéitez.
O programa Save persegue estimular as medidas de eficiencia enerxética en tódolos sectores, incentivar os investimentos orientados á conservación de enerxía por parte dos consumidores e da industria e a creación das condicións para mellorar a intensidade enerxética do consumo final.
Funcións
As funcións da Axencia da Enerxía consisten en ofrecer información, asesoramento e formación sobre xestión enerxética e as súas técnicas e ofrecer asesoramento técnico sobre o deseño de proxectos de xestión enerxética. Deberá tamén unir os cidadáns e organizacións con problemas semellantes, realizar auditorías independentes de productores locais de enerxía e contribuír á posta en marcha de proxectos enerxéticos relevantes.
Estimular a actividade económica, actuar como intermediaria entre as autoridades locais e os actores do mercado enerxético, así como desenvolver contactos europeos relevantes para estimular o intercambio de información e transferencia de tecnoloxía son outras das súas funcións.
A súa actuación está destinada a vivendas, servicios do sector público e privado, negocios pequenos e medianos, desenvolvemento local e a súa planificación, xestión do transporte, infraestructuras da Adminsitración local ou autonómica e aprovisionamento de enerxía, incluíndo o desenvolvemento de sistemas rexionais que utilicen recursos renovables ou locais.
Datos
O consumo enerxético actual está cuberto nun 41% por petróleo, un 22% por gas natural, un 16% por combustibles sólidos como carbón, lignito e turba: un 15% por enerxía nuclear e un 6% por enerxías renovables. Estímase que, de seguir as actuais liñas de consumo, o balance enerxético no 2030 seguirá descansando nos combustibles fósiles: 38% de petróleo, 29% gas natural, 19% combustibles sólidos e só un 6% de enerxía nuclear e un 8% de enerxías renovables.