Escoitar

Acordos do Pleno da Corporación Municipal

luns, 28 mai 2001
imx273.jpg
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o luns día 28, aprobou unha modificación de crédito relativa o gasto necesario para aportación municipal fundacional á Fundación Vigo en Deporte por un importe de dous millóns de pesetas.

Entre os asuntos tratados e aprobados figuran o Regulamento do Consello Municipal de Participación Cidadá e a integración da Coordenadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística da comarca de Vigo como membro da Comisión Municipal de Normalización Lingüística.

Outros dos asuntos tratados foron a iniciación de expediente para o desenvolvemento de actividade económica de producción de enerxía eléctrica no río Oitavén e o recoñecemento como investimento executado pola concesrinaria do Servicio de Abastecemento e Saneamento de Auga a cantidade de 15.715.327.702 pesteas, en cumprimento do plan de investimentos.

Aprobouse o proxecto inicial de ampliación de saneamento na parroquia de Saiáns cun presuposto total de inversión de 398.006.467 e un prazo de execución de dez meses: así como o proxecto definitivo de ampliación do saneamento de San Miguel de Oia cun presuposto total de investimento de 530.219.587 e un prazo de execución de doce meses.

A Corporación Municipal de Vigo acorda que “ dada a importancia de feito olímpico e ante a posibilidade de que os Xogos Olímpicos do ano 2012 sexan organizados polo Concello de Madrid, é polo que nos adherimos á petición de que se designe subsede das Olimpíadas de dito ano ás Rías Baixas co fin de que se desenvolvan as probas náuticas e de vela”.

Na sesión de hoxe aprobouse inicialmente unha modificación puntual do Pxou nas zonas afectadas polo trazado do primeiro cinto de circunvalación e acceso ó porto de Bouzas.

Na mesma sesión tomou posesión como concelleira do Grupo Municipal Popular, María Montserrat Otero Oitavén.
Descargar todas as imaxes