Escoitar

Cultura pretende potenciar a música alternativa en tres salas da cidade

venres, 25 mai 2001
O concelleiro de Cultura, Carlos G. Príncipe, mantivo unha entrevista cos propietarios das salas La Iguana, Vademecwm e Anoeta e acordaron elaborar unha programación conxunta para estes locais na que colaborará o Concello de Vigo.

A intención da área de Cultura é garantir, ó longo do ano, a presencia de tódolos estilos musicais nas salas da cidade. Os responsables destes tres locais que adoitan ofrecer ”música alternativa” presentarán unha proposta de programación para que se realicen un ou dos concertos ó mes en cada sala.

Estas salas elaborarán un calendario de actuacións que comezarán en novembro, cunha duración trimestral, e traerán a Vigo grupos que tocarán en xira noutras cidades españolas.